A exposicion: “Jazz diálogo entre culturas” bota a andar

Onte pola noite tivo lugar o acto de inauguración da mostra no Centro Cultural A Fábrica de Perillo, no Concello de Oleiros. O evento acudiron o responsable da área de Cultura da Excma. Deputación da Coruña, Sr. D. Celestino Poza, e unha nutrida representación do municipio oleirense, encabezada polo Presidente do Organismo autónomo de cultura, Sr. D. José Javier Ãlvarez.

Inauguración Jazz diálogo entre Culturas

Tralos discursos protocolarios de ámbolos dous mandatarios, ocupou o escenario o pianista Pablo Seoane, quen acompañado de Carlos López na batería e Diego Pérez no contrabaixo, ofreceron unha selección dos seus últimos temas, que resultou moi aplaudida polo auditorio.

Inauguración Jazz diálogo entre Culturas

A exposición, deseñada e coordinada por TRIVIUM estratexias en cultura e turismo, é a continuación natural da mostra do ano pasado. Se naquela, se facía un percorrido polos artistas máis senlleiros da música jazz dende a súa orixe aos anos 50´s, nesta mostra retómase o discurso cronolóxico dende a década dos 60´s ata a actualidade. Deste xeito, diferéncianse catro grandes bloques temáticos: o Free Jazz, o Neoclasicismo, o Jazz Fusión e o Jazz Étnico ou Jazz con Raíz.

Así contan esta inauguración na prensa.

Deixa unha contestación