Trivium no Concello de Boqueixón
Esta mañá (16 de Xaneiro de 2006) levouse a cabo unha entrevista de presentación da empresa TRIVIUM: Estratexias en Cultura e Turismo, no Concello de Boqueixón.
Na reunión co Concelleiro de Xuventude, Terceira Idade e Patrimonio, Ovidio Rodeiro, tratáronse diferentes aspectos relativos o patrimonio cultural e natural do Concello e a súa posta en valor. Un exemplo desto son as rutas de sendeirismo ou a sinalización turÃstica.
O concelleiro informou sobre cales eran as accións planificadas neste senso polo Concello, e invitou os representantes de TRIVIUM a un novo encontro para mediados do mes que ven, no que se poden formalizar varias propostas culturais e turÃsticas para o Concello.
Entrada etiquetada con: Traballos de Trivium