Trivium presenta a súa proposta de actuación no Castelo da Concepción
Publicado o día Marzo 15th, 2006 por admin
Días despois de que a Xunta Directiva de Costa Ártabra aprobara o proxecto de “Rehabilitación e posta en valor do Castelo da Concepción”, TRIVIUM estratexias en cultura e turismo, presenta no Concello de Cedeira un documento básico de actuación.
Aínda que sumario, pois non existe moita información do contido que se lle quere dar a infraestructura, o estudo ofrecido ao Concello é unha guía de cómo dotar ao inmoble dun Centro de Interpretación para informar aos visitantes sobre os lugares de interese turístico de Cedeira e mostrar de xeito ameno os aspectos máis relevantes da fortaleza e da historia do municipio.
Entrada etiquetada con: Traballos de Trivium