Trivium visita Narón

Na maña de hoxe desenvolveuse o traballo de campo no Concello de Narón de cara a elaboración dun proxecto básico de ruta de sendeirismo. A visita centrouse na zona do río Xubia, declarada Lugar de Interese Comunitario pola Red Natura 2000.

Empezamos a visita polo emblemático Muíño de Xubia e seguimos río arriba polas marxes. Visitamos lugares como a Presa do Rei, o Muíño de Entrerrios, a Capela da O, o Muíño do Pedroso, as pesqueiras de Cerdeiras, e acabamos nos humedais do Pedroso.

Nos primeiros días do mes que ven, TRIVIUM entregará no Concello a súa proposta de actuación para esta ruta, caracterizada pola riqueza natural e medioambiental.

Deixa unha contestación