Trivium no Concello de Poio

Onte pola mañá TRIVIUM mantivo unha reunión de traballo no concello de Poio. A entidade local, mostrouse interesada no servizo de audio guías que está a desenvolver TRIVIUM para varios proxectos de posta en valor do patrimonio cultural e natural.

Trala reunión fixemos un traballo de campo polo concello e visitamos o mosteiro de San Xoán de Poio, Combarro, a ruta dos muíños de Samieira e os petroglifos de San Salvador. No momento actual, estase elaborando unha proposta concreta acorde as necesidades deste territorio, que nas vindeiras semanas se entregará ao concello para o seu visto bo.

Deixa unha contestación