Trivium empeza a dirección da obra en San Pedro de Rocas

Despois dun longo retraso, de case que dez meses, a empresa constructora Tuconsa leva un mes traballando diariamente na rehabilitación da Casa Prioral de San Pedro de Rocas. Onte pola mañá, tivo lugar unha visita de traballo as obras, na que o xefe de obra Xosé Reis, informou ao director de contidos César Abella sobre o cronograma e as fases da obra de rehabilitación. Na mesma xuntanza, ambas partes planificaron conxuntamente as actuacións arquitectónicas e museográficas co fin de unificar criterios e de adecuar ambas actuacións.

Deixa unha contestación