A chegada de turistas internacionais aumenta no mes de xullo

Segundo os datos publicados hoxe polo Instituto de Estudios Turísticos (IET) o nímero de visitantes estranxeiros que visitou España no mes de xullo medrou un 3% respecto o mesmo período do ano pasado, situándose en 7,7 millóns de viaxeiros. No que vai de ano, xa son 33,3 millóns de turistas os que viñeron o Estado, algo máis do 5% do ano 2005 en estas mesmas datas.

Os seis destinos máis importantes Cataluña, Baleares, Andalucía, Canarias, Comunidade Valenciana e Madrid, por esta orde, acumularon o 90% destas visitas sendo os mercados emisores máis relevantes o británico, o francés e o alemán.

No que atinxe ao noso país, sitíase no 7º posto do ranking mensual en chegadas segundo destino principal, achegándose a Galicia un total de 229.165 viaxeiros; e ocupa o 8º lugar no ranking acumulado de xaneiro a xullo de 2006, cun total de 662.679 visitas.

Ver novas relacionadas

Deixa unha contestación