I Encontro de Historiadores da Arte de Galicia

Celebrouse esta pasada fin de semana na sede da Fundación Caixa Galicia, en Santiago de Compostela, un encontro convocado pola Asociación Profesional de Historiadores da Arte de Galicia, que serviu como punto de arranque para a análise da situación profesional do sector.

Desde a organización convidóusenos a participar nunha das mesas redondas, na referida a Didáctica e Difusión do Patrimonio Histórico-Artístico, onde Trivium expuxo a súa experiencia como proxecto, no que a formación e o perfil do equipo de traballo debe ser multidisciplinar e integradora a un tempo. A nosa felicitación aos organizadores polo traballo feito e o noso apoio para próximas convocatorias que abran as portas aos profesionais a un campo de actuación tan amplo coma desaproveitado.

Deixa unha contestación