O que non se ve
A antiga calzada romana que unÃa Braga e Astorga, ao seu paso polo concello de Bande, é noticia estes dÃas –mala noticia- pola destrución dunha parte da VÃa XIII. Isto danos pé para falar do tratamento que reciben os vestixios arqueolóxicos galegos, que forman un patrimonio abondoso e ás veces esquecido, deixando aparte aos fitos máis destacados e valorados. As accións encamiñadas á concienciación para coñecer e respectar o patrimonio, como é o caso da campaña da ConsellerÃa de Cultura “Mira por elâ€, están dirixidas ao común dos cidadáns, pero tamén as administracións locais teñen moito que traballar na conservación e revalorización da súa riqueza patrimonial, evitando actuacións incongruentes como é o caso do tramo da VÃa XIII.
Â
Unha correcta sinalización, información aos veciños e propietarios, visitas educativas, traballos de recuperación, … son moitas as accións e medidas que se poden emprender coa vontade de sacar á luz a nosa cultura soterrada durante séculos. Para quen esté interesado en coñecer máis sobre o trazado da Via XIII polas terras da Limia, pode consultar os traballos de Segundo Alvarado, Juan C. Rivas e Tomás Vega Pato, publicados baixo o tÃtulo A VÃa Nova do Limia ao Sil.
Entrada etiquetada con: Patrimonio