Musealización de xacementos arqueolóxicos

A Consellería de Cultura ven de colgar nas súa páxina web as Actas do IV Congreso Internacional sobre Musealización de Xacementos Arqueolóxicos, celebrado en Santiago de Compostela en novembro do pasado ano. Baixo o título
Conservación e presentación de xacementos arqueolóxicos no medio rural. Impacto social no territorio, recóllense ducias de propostas de xestión, musealización e posta en valor desde a óptica da repercusión social e económica nun espazo de marcado carácter rural na maioría dos casos.

A visión que podemos entresacar destas páxinas é a dun patrimonio moi amplo somerxido no tránsito de chegar ao gran público, fora do círculo dos investigadores e estudantes, e no reto de se converter nun valor moi positivo para o territorio que o acolle. As particulares características do patrimonio arqueolóxico fan que a súa musealización teña unha complexidade implícita na cantidade de información previa que o observador precisa para a súa correcta comprensión. Moitas das claves para esa interpretación atópanse nos exemplos expostos no Congreso, de interese tanto para os que traballamos no sector coma para calquera interesado no tema.

O documento pódese descargar desde o seguinte enlace:

Actas do IV Congreso Internacional sobre Musealización de Xacementos Arqueolóxicos

Deixa unha contestación