Patrimonio sumerxido
Unha das iniciativas da ConsellerÃa de Cultura para o vindeiro ano 2008 é a creación dun Centro de ArqueoloxÃa Subacuática en Galicia, vinculado ao Museo do Mar de Vigo.
Este proxecto está directamente relacionado coa catalogación do patrimonio submariño que se está a realizar nestes momentos, e supoñemos que seguirá o modelo creado noutras partes do Estado, onde este tipo de organismos levan traballando xa desde fai anos, como é o caso de Cataluña e AndalucÃa.

A inxente cantidade de pecios sumerxidos nas nosas augas, tanto dos restos da batalla de Rande coma de naufraxios da Costa da Morte, e noutros lugares menos coñecidos, foi de sempre un foco de atracción para investigadores e “cazadores de tesouros”, aÃnda que nunca se deron as condicións para que unha investigación ampla e profunda -coa financiación que esta require- se producise. Agardamos que estas inversións fagan que por unha vez a investigación e a aposta polo interese público adiante ás iniciativas promovidas por intereses económicos.  O impulso aos traballos no eido da arqueoloxÃa submarina refrescanos a importancia do patrimonio sumerxido en Galicia, que semella coller relevancia só cando aparecen novas sobre expolios e conflictos territoriais.
Enlaces de interese:
 - Noticia na web da ConsellerÃa de Cultura e Deporte.
- Artigo sobre a ArqueoloxÃa Subacuática en Galicia.
- Web da Asociación de Profesionais da ArqueoloxÃa Subacuática.
Entrada etiquetada con: Patrimonio