I Encontro Man de Camelle

Todos os visitantes que chegan a Camelle se fan a mesma pregunta cando se achegan ao que fora o fogar de Manfred Gnädinger. Que vai ser do legado que deixou Man? Un patrimonio que vai máis alá das construccións que todos podemos ver xunto ao peirao, senón que inclúe o seus lenzos e escritos, en proceso de catalogalos e protexelos.

O I Encontro Man de Camelle ten como obxectivo o debate, a achega de ideas e propostas, e o recordo da súa figura e unha reivindicación de actuacións claras encamiñadas a dar a coñecer a traxectoria vital deste inigualable artista e da súa pegada no territorio e a conciencia colectiva da Costa da Morte.Mañá 17 de novembro, a partir das 11:00 da mañá, no Centro Cultural Casa do Alemán en Camelle.

Relacionado:

- Web de amigos do Museo de Man.

- Noticia en El País.

- Noticia en camarinas.eu: Primeiros pasos para a conservación do Museo de Man.

Deixa unha contestación