Itinerarios musicais nas vilas galegas
Xa fai uns meses tivemos a ocasión de descubrir o primeiro exemplar da colección Itinerarios Histórico-Musicais editada por Ouvirmos, que nos achegou á historia musical da cidade de Pontevedra. Nestes dÃas presentáronse os seguintes exemplares da serie, correspondentes ás vilas de Celanova, Mondoñedo e Rianxo.
Queremos reseñar esta iniciativa por varias razóns, aÃnda que a principal é a de destacar a creación dun produto editorial que sabe combinar á perfección varios elementos:
- A vinculación ao territorio, ao patrimonio arquitectónico e cultural de cada unha das vilas, e, por extensión, á promoción do turismo cultural de cada unha delas.
- O deseño real dunha proposta de percorrido, documentado e sinalizado, que fai da guÃa un instrumento vivo que amplifica a experiencia do visitante.
- A difusión da investigación histórica nun campo, o do patrimonio musical galego, de grande importancia e moi pouco coñecido.
- Un formato, o Libro-CD, coidado, atractivo e moi práctico para calquera non iniciado na musicografÃa., no que se inclúen gravacións e guÃas de escoita de pezas nalgúns casos inéditas.
A serie continuará coas guÃas de Monforte, Compostela, A Coruña, Ribadavia, Ferrol, Betanzos, Lugo, Tui, Ourense, Vigo e Muros-Noia, co que teremos unha visión ampla da riqueza do patrimonio musical galego, desde as liturxias barrocas á música tradicional.
Enlaces relacionados:
- Nova na Dirección Xeral de Turismo.
- Video da presentación. Axencia Galega de Noticias.
- O paÃs en clave de música. culturagalega.org.
- Catálogo on-line de Ouvirmos.
- Extracto da guÃa Itinerarios Histórico-Musicais. Pontevedra. culturagalega.org
Entrada etiquetada con: Publicacións, Patrimonio