Achegarnos aos espazos protexidos. O LIC Xubia-Castro

O sistema fluvial dos ríos Xubia e Castro, integrado na Rede Natura 2000, será o centro de atención das xornadas que se van celebrar no concello de San Sadurniño osvindeiros 10 e 11 de maio. Exporanse múltiples aspectos do espazo protexido e completarase o encontro o domingo cun percorrido pola zona.

 
Fai uns meses, deseñamos […]

II Congreso de Patrimonio Etnográfico. Lembrando a Xaquín Lorenzo

Hoxe remata o Congreso titulado “O patrimonio no século XXI”, celebrado na Facultade de Ciencias da Educación de Ourense e no que se lembra o centenario do etnógrafo e investigador Xaquín Lorenzo. Orientado a alumnos e profesores, nas xornadas revísase o estado actual dalgunhas das investigacións das que Xocas foi pioneiro: O xogo tradicional, os oficios, a […]

Presentación do Plan Director de Turismo da Guarda. Horizonte 2011

Rematados os traballos de investigación e redacción, o concello da Guarda presentou aos medios o Plan Director de Turismo, realizado polos técnicos de Trivium. Un documento preciso para a planificación estratéxica do sector nun concello que alberga un dos recursos máis visitados de Galicia, como é o monte de Sta. Trega, pero que precisa dun […]

Trivium está de mudanza

Entre mobles, arquivos e caixas de cartón, estes días están a ser moi atarefados mentres nos instalamos no noso novo estudio. Iso si, sen abandonar o corazón do casco histórico compostelán, un espazo único no que traballar e no que vivir. Agora estamos na rúa do Vilar, 46. Tras da porta do segundo á dereita […]

Itinerario pola Historia: A Batalla de Cacheiras

Os visitantes que se acheguen ao concello de Teo poden percorrer o territorio polo que os 3.000 homes que comandaba o xeneral Solís avanzaron ata se enfrontar co exército nacional no alto de Montouto. Estamos en abril de 1846, e o pronunciamento contra o conservadurismo do Estado comezado en Lugo vai chegar ao seu punto […]