Presentación do Plan Director de Turismo da Guarda. Horizonte 2011

Rematados os traballos de investigación e redacción, o concello da Guarda presentou aos medios o Plan Director de Turismo, realizado polos técnicos de Trivium. Un documento preciso para a planificación estratéxica do sector nun concello que alberga un dos recursos máis visitados de Galicia, como é o monte de Sta. Trega, pero que precisa dun empuxe definitivo para se consolidar como destino e mellorar a calidade dos seus servizos.

Presentación Plan Director A Guarda

O informe presentado parte dun diagnóstico exhaustivo da oferta e da demanda, despois da cal se recollen todos os programas básicos de actuación e as accións estratéxicas a levar a cabo, analizadas e clasificadas segundo a fase na que se deben desenvolver, os axentes implicados e a achega orzamentaria necesaria para a súa execución.

As liñas básicas de actuación están orientadas á mellora do producto turístico de A Guarda, a posta en valor dos recursos infrautilizadose e a consecución dun salto cualitativo na xestión e organización do sector.

Gráfico A Guarda

 Así o recollen en:

 - Inforosal.com

 - Faro de Vigo

2 Respostas to “Presentación do Plan Director de Turismo da Guarda. Horizonte 2011”

  1. Estoy interesado en conocer más detalles sobre el plan de A Guarda, dado que estoy considerando invertir en la zona.
    Es posible recibir una copia del plan?.
    Podrían indicarme (si conocen) cual es el uso futuro del colegio de los jesuitas?.
    Y también ¿quien administra los antigüos edificios de aduanas?.
    Gracias.
    MN

  2. O Plan Director de Turismo é unha ferramenta de planificación para o concello da Guarda, e a este debe remitirse no caso de que desexe algunha información.

Deixa unha contestación