II Congreso de Patrimonio Etnográfico. Lembrando a XaquÃn Lorenzo
Hoxe remata o Congreso titulado “O patrimonio no século XXI”, celebrado na Facultade de Ciencias da Educación de Ourense e no que se lembra o centenario do etnógrafo e investigador XaquÃn Lorenzo. Orientado a alumnos e profesores, nas xornadas revÃsase o estado actual dalgunhas das investigacións das que Xocas foi pioneiro: O xogo tradicional, os oficios, a tradición oral, … todo iso cunha certa vocación transfronteiriza vinculada á iniciativa da Candidatura de Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués promovido pola asociación Ponte nas Ondas.
 
Das iniciativas e proxectos presentados, dous a destacar: O Proxecto Ronsel, ambicioso plan que aglutina numerosas actuacións encamiñadas á conservación e estudo do patrimonio cultural intanxible, e a ruta literaria que unirá as distintas figuras do Rexurdimento, a partir da iniciativa das Fundacións RosalÃa de Castro e Curros EnrÃquez, coincidindo co centenario do pasamento deste último.
Enlaces relacionados.
- Programa completo do Congreso.
- Noticia en Canal Patrimonio.
Entrada etiquetada con: Patrimonio, Congresos e encontros