II Congreso de Patrimonio Etnográfico. Lembrando a Xaquín Lorenzo

Hoxe remata o Congreso titulado “O patrimonio no século XXI”, celebrado na Facultade de Ciencias da Educación de Ourense e no que se lembra o centenario do etnógrafo e investigador Xaquín Lorenzo. Orientado a alumnos e profesores, nas xornadas revísase o estado actual dalgunhas das investigacións das que Xocas foi pioneiro: O xogo tradicional, os oficios, a […]

Itinerario pola Historia: A Batalla de Cacheiras

Os visitantes que se acheguen ao concello de Teo poden percorrer o territorio polo que os 3.000 homes que comandaba o xeneral Solís avanzaron ata se enfrontar co exército nacional no alto de Montouto. Estamos en abril de 1846, e o pronunciamento contra o conservadurismo do Estado comezado en Lugo vai chegar ao seu punto […]

O catálogo de monumentos naturais: Pena Corneira

A protección dos espazos naturais de Galicia está regulada pola Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, na que se establecen ata oito réximes de protección diferentes: reservas naturais, parques, monumentos naturais, humidais protexidos, zonas de especial protección dos valores naturais, paisaxes protexidas, espazos naturais de interese local e espazos privados de […]

Itinerarios musicais nas vilas galegas

Xa fai uns meses tivemos a ocasión de descubrir o primeiro exemplar da colección Itinerarios Histórico-Musicais editada por Ouvirmos, que nos achegou á historia musical da cidade de Pontevedra. Nestes días presentáronse os seguintes exemplares da serie, correspondentes ás vilas de Celanova, Mondoñedo e Rianxo.

Queremos reseñar esta iniciativa por varias razóns, aínda que […]

Canal Patrimonio

Esta canle de novas e videos on-line creada para a divulgación e promoción do patrimonio, e impulsada pola Fundación Santa María La Real-Centro de Estudios del Románico, cumple este mes un ano de funcionamento con máis de 200.000 visitas rexistradas.

Canal Patrimonio recolle multitude de videos sobre os máis diversos temas: Museos, rutas, arqueoloxía, patrimonio inmaterial, […]

Notas para o legado de Man

O encontro do sábado en Camelle foi unha ocasión clara de ver a multitude de enfoques e factores que inflúen no legado e a memoria do traballo e a vida de Man, o alemán de Camelle. Ao longo de todo o día sucedéronse as intervencións de todo tipo: Experiencias persoais en relación con Manfred, lecturas […]

I Encontro Man de Camelle

Todos os visitantes que chegan a Camelle se fan a mesma pregunta cando se achegan ao que fora o fogar de Manfred Gnädinger. Que vai ser do legado que deixou Man? Un patrimonio que vai máis alá das construccións que todos podemos ver xunto ao peirao, senón que inclúe o seus lenzos e escritos, en […]

Patrimonio sumerxido

Unha das iniciativas da Consellería de Cultura para o vindeiro ano 2008 é a creación dun Centro de Arqueoloxía Subacuática en Galicia, vinculado ao Museo do Mar de Vigo.
Este proxecto está directamente relacionado coa catalogación do patrimonio submariño que se está a realizar nestes momentos, e supoñemos que seguirá o modelo creado noutras partes do Estado, onde […]

Musealización de xacementos arqueolóxicos

A Consellería de Cultura ven de colgar nas súa páxina web as Actas do IV Congreso Internacional sobre Musealización de Xacementos Arqueolóxicos, celebrado en Santiago de Compostela en novembro do pasado ano. Baixo o título
Conservación e presentación de xacementos arqueolóxicos no medio rural. Impacto social no territorio, recóllense ducias de propostas de xestión, musealización […]

O que non se ve

A antiga calzada romana que unía Braga e Astorga, ao seu paso polo concello de Bande, é noticia estes días –mala noticia- pola destrución dunha parte da Vía XIII. Isto danos pé para falar do tratamento que reciben os vestixios arqueolóxicos galegos, que forman un patrimonio abondoso e ás veces esquecido, deixando aparte aos fitos […]