- Cliente: Concello de Teo
- Proxecto: Deseño e sinalización da ruta
- Ano: 2008
-
Interpretación do patrimonio e tempo libre
Servizos relacionados:
O 23 de abril de 2008 conmemorouse en Teo o 162 aniversario da Batalla de Cacheiras, na que se enfrontaron as forzas do xeneral Solís que loitaban pola defensa da causa liberal, contra as tropas do exercito nacional enviadas polo xeneral Narváez. Este levantamento remataría, tan uns días despois, nos tristemente coñecidos fusilamentos de Carral.
O Concello de Teo, consciente da importancia do legado histórico herdado, encárganos o deseño e sinalización do Roteiro da Batalla de Cacheiras, seguindo o percorrido que os 3000 homes de Solís fixeron desde a aldea de Ferreiros ata o cumio onde tivo lugar o enfrontamento. Os traballos levados a cabo por Trivium consistiron na elaboración da documentación e estudo do feito histórico, deseño do percorrido, selección dos recursos a incluír, deseño e contidos dos elementos físicos do roteiro e sinalización mediante paneis informativos e frechas direccionais.
