Inicio »Traballos »
A Guarda. Identidade visual

O obxectivo deste traballo foi o desenvolvemento da comunicación gráfica da marca turística da Guarda, coa creación dun Manual de Identidade Corporativa coherente co posicionamento turístico de destino tras a redacción do Plan Director de Turismo, no que se apuntaba este cambio como unha das medidas a emprender na nova etapa de xestión turística.
No resultado final da creación da marca únense os principais recursos e valores únicos da Guarda como destino: O monte de Santa Trega, o esteiro do Miño, o mar e a natureza, xunto ao carácter fronteirizo e as praias fluviais como elementos diferenciadores.

trivium@triviumect.com | Preguntoiro 9 - 1E - 15704 Santiago de Compostela | 981 570 157