- Cliente: Concello de Santiago de Compostela e Rede de Centros Socioculturais de Santiago De Compostela
- Proxecto: Deseño, comisariado, elaboración de contidos e produción da exposición.
- Ano: 2010
-
Museos, exposicións e centros de interpretación
Servizos relacionados:
A exposición “A Memoria da Xente” nace como iniciativa que quere pousarse, desde a lembranza e a participación dos propios veciños, no fío do tempo da nosa cidade e das nosas parroquias, co obxectivo de mirar desde o agora a intrahistoria e o latexo cotián dunha terra (Santiago de Compostela) e dun tempo (1900-1975) que sentimos perto da nosa circunstancia actual, que entendemos que nos axuda, no presente, a saber quen somos e de onde vimos.
A mostra traballa activamente a posta en valor da faciana íntima de Santiago e incide principalmente na vida, percepción e sensacións dos habitantes da cidade. Trátase de amosar, implicar e facer partícipe á cidadanía da magnitude intrínseca da urbe, da súa idiosincrasia interna e particular e especialmente das vidas que a habitan.
Desde un plantexamento social e histórico de recuperación da época 1900-1975, xurden unha serie de eixos temáticos desenvolvidos de forma visual, dinámica e viva a través de elementos gráficos e audiovisuais, que reforzan e facilitan a transmisión de contidos.
Para saber máis:
El País.
Red Periodista.
El Correo Gallego.
La Voz de Galicia.
Concello de Santiago.
Compostela Cultura.
Cultura Galega
