Inicio »Traballos »
Alexandre Bóveda. Da vida e o compromiso.

Alexandre Bóveda. Da Vida e o Compromiso é a exposición que a Cátedra Bóveda da Universidade de Vigo pon, do 17 de decembro de 2010 ao 9 de xaneiro de 2011 no Pazo da Cultura de Pontevedra, a disposición de todas persoas interesadas en descubrir ou saber máis dunha das figuras máis relevantes da nosa historia contemporánea.

Cinco paneis, un audiovisual e dúas vitrinas con obxectos do insigne galeguista conforman un achegamento que, producido por Trivium e comisariado por Uxío Breogán Diéguez, pretende ir máis alá do perfil máis coñecido de Bóveda para achegarse, de forma sinxela e directa, á intelixencia, o talento e o traballo dun home que en só trinta e tres anos de vida foi quen de deseñar e dirixir a Caixa de Aforros de Pontevedra, pensar e defender o Estatuto de Autonomía do 36 e organizar e cementar desde dentro o Partido Galeguista.

Con esta exposición preténdese difundir de maneira amena, sintética e divulgativa a súa intensa biografía, marcada polo seu activismo e compromiso e pola súa fidelidade inquebrantábel ao progreso do seu país e das súas xentes.

trivium@triviumect.com | Preguntoiro 9 - 1E - 15704 Santiago de Compostela | 981 570 157