- Cliente: Portos de Galicia
- Proxecto: Reorganización e informatización do arquivo administrativo
- Ano: 2010
-
Formación, consultoría e xestión cultural
Servizos relacionados:
A primeira fase de reorganización do arquivo administrativo de Portos de Galicia na súa sede da Coruña centrouse na descrición, ordenación e informatización dos proxectos de obras dos arquivos de Santiago e da Zona Centro (A Coruña) desta institución. Ademais de levar a cabo a organización deste amplo grupo de proxectos, avaliamos todo o elevado contixente documental aínda por ordenar producido pola entidade, establecendo cos seus responsables criterios temáticos e técnicos para a clasificación da devandita documentación administrativa.
Deseñamos unha nova base de datos, tomando como referencia as anteriores existentes en Portos de Galicia, aportando solucións que a mellorasen no posible, para poder obter deste xeito unha áxil aplicación informática na introdución de novos expedientes e na busca de todos os arquivos rexistrados.
