Inicio »Traballos »
Audioguías Arousa-Norte

  • Cliente: Mancomunidade Arousa-Norte
  • Proxecto: Creación de audioguías e microsite
  • Ano: 2008
  • Servizos relacionados:

  • TurismoTurismo

As audioguías da Mancomunidade de Muncipios Ría de Arousa-Zona Norte describen ao visitante catro itinerarios por diferentes recantos da xeografía da comarca do Barbanza. Cada roteiro está localizado nun dos catro concellos integrantes da Mancomunidade: A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Riveira.
Dispoñibles en podcast en tres idiomas -galego, castelán e inglés- para descargar nun reproductor MP3, ofrecen as seguintes alternativas:

- Ruta literaria polo Museo Valle-Inclán, sito no concello da Pobra do Caramiñal. O percorrido por este museo achega ao visitante á vida íntima e familiar do autor e súa obra literaria.
- Ruta das Mámoas, que descorre pola parte boirense da Serra do Barbanza entre a agreste natureza e restos arqueolóxicos milenarios.
- Ruta cultural pola vila de Rianxo, visitando a fachada marítima do pobo e a rúa máis emblemática no plano literario, pois nela viviron tres dos máis coñecidos escritores galegos: Castelao, Rafael Dieste e Manuel Antonio.
- Ruta mariñeira pola vila riveirense de Palmeira. Este roteiro da a coñecer a distribución dos espazos públicos e a arquitectura típica nos pobos a carón do mar.

Enlace á Web do proxecto.

Outros traballos relacionados:
Audioguías Vinaròs
Betanzos en MP3

trivium@triviumect.com | Preguntoiro 9 - 1E - 15704 Santiago de Compostela | 981 570 157