- Cliente: Ajuntament de Vinaròs
- Proxecto: Creación, deseño e produción de audioguías
- Ano: 2009
-
Turismo
Servizos relacionados:
O produto consiste en ofrecer aos viaxeiros un novo xeito de achegarse ao consolidado destino de Vinaròs, no estremo norte da costa de Castellón. A través da Rede, o usuario pode descargar no seu reprodutor portátil información locutada dos elementos culturais máis relevantes da cidade.
Así, á vez que camiña polo percorrido deseñado, a audioguía ofrece unha sinalización correcta e a un tempo, información turística sobre os puntos de interese. Trivium deseña, crea e posiciona o novo sitio web, escribe os guións e os locuta, compón unha música propia para cada proxecto e sube todo o contido á nova páxina web.
Nesta audioguía en concreto, tamén deseñamos e editamos folletos orientativos e materias promocionais para a OIT de Vinaròs, onde tamén se poden alugar os reprodutores coa información locutada en seis idiomas diferentes.
