Inicio »Traballos »
Castelao. A derradeira lección do mestre

O equipo de Trivium participou activamente neste destacado proxecto expositivo sobre a figura de Castelao e o seu legado, celebrado na Sala de exposicións temporais do Museo Provincial de Lugo dende o 14 de abril ata o 10 de xullo de 2010. A mostra, comisariada por Pilar García Negro e Felipe Senén Gómez, foi promovida pola Vicepresidencia Primeira da Diputación de Lugo, e contou coa coordinación externa, a dirección de montaxe e o asesoramento de Trivium, durante todas as etapas da súa preparación.

Os procesos de traballo consistiron na concreción e organización da lista de pezas existentes na exposición, na adecuación da idea do comisariado a un guión materializado físicamente nas salas do museo, e na coordinación e dirección da montaxe expositiva. A disposición de materiais da mostra (óleo, debuxos, estampas, documentación diversa, manuscritos, prensa periódica, primeiras edicións ilustradas ou realizadas polo autor…) concebíuse coa máxima rigurosidade posible, cunha colocación estructurada das pezas en parede e en vitrinas, co aditamento de textos, caricaturas e audiovisuais, en base a un percorrido circular. O resultado pretende ser fiel reflexo do diálogo entre a riqueza e profundidade da obra de Castelao e unha escenografía expositiva sobria e serena, expresada esencialmente en brancos, negros e grises, que ensalza os trazos dos seus debuxos. A montaxe vén a ser aderezada por algunhas licencias estilísticas que evidencian a singularidade e densidade deste personaxe clave para a historia galega contemporánea.

trivium@triviumect.com | Preguntoiro 9 - 1E - 15704 Santiago de Compostela | 981 570 157