Congostro: A aldea de 1950
- Cliente: Concello de Rairiz de Veiga
- Proxecto: Deseño, dirección de contidos e execución
- Ano: 2007
-
Museos, exposicións e centros de interpretación
Servizos relacionados:
O pobo de Congostro, nas terras da Limia, alberga un enorme patrimonio etnográfico e arquitectónico. Xunto á recuperación de varias construcións, a creación desta ruta etnográfica que percorre o pobo ven a destacar os oficios artesáns e a singularidade das súas airas rodeadas de canastros.
A actuación realizada por Trivium inclúe a rehabilitación dos espazos, a sinalización dos recursos destacados e a conceptualización e elaboración do plan expositivo: deseño de contidos, paneis informativos e pezas audiovisuais.
