- Cliente: Concellaría de Medio Ambiente. Concello de Santiago
- Proxecto: Deseño do folleto despregable, sinalización e paneis interpretativos
- Ano: 2008
-
Interpretación do patrimonio e tempo libre
Servizos relacionados:
A recente recuperación e acondicionamento do río Sarela enlaza o entorno rural de Compostela coas zonas verdes periurbanas. No seu percorrido destacan tanto os propios elementos que lle confiren unha grande riqueza medioambiental coma restos do aproveitamento tradicional do leito do río: Lavadoiros, muíños, regadíos e, sobre todo, os vestixios das fábricas de curtidos, que tiveron gran importancia no desenvolvemento industrial de Compostela no século XIX.
O proxecto desenvolveuse en dúas fases. Unha primeira, co deseño dun folleto despregable que recolle información de utilidade sobre a ruta e os recursos naturais e culturais que se poden atopar. Dividida en nove tramos, e ruta é accesible desde calquera deles, podendo deseñar o visitante a ruta ao seu gusto.
Na segunda fase deseñouse un sistema de sinalización, que complementa e amplía a información ao visitante, mediante balizas de sinalización, sinais direccionais e paneis informativos.
