Inicio » Novas »

Día de reunións para Trivium

A mañá de onte estivo marcada polas reunións.
Empezamos o día ás 8:45 horas, cunha reunión de traballo co Xefe do Servizo Sociocomunitario do Concello de Narón, D. Alfonso Filgueira. Despois da presentación dos últimos productos que está a comercializar TRIVIUM, falouse da súa aplicación ó Concello e tamén de novas posibilidades de colaboración noutros eidos coma no ambicioso proxecto do “Parque temático de Aldea Nova”. Nestas vindeiras semanas, TRIVIUM presentará novas propostas de actuación ao Concello.

Ás 10:30 Dna. Milagros Lantes, delegada provincial da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, recibiunos no seu despacho da Coruña. Na reunión, TRIVIUM presentou unha experiencia piloto para incorporar o sistema das audio guías nos museos dependentes da Consellería no territorio coruñés. A proposta, que tivo unha boa acollida, será presentada na Consellería nos próximos días.

A mañá rematou na Excma. Deputación da Coruña, onde recollimos os Pregos Técnicos de varios concursos públicos de interese para TRIVIUM estratexias en cultura e turismo. Do mesmo xeito, tivemos reunións de traballo coa Xerencia do Plan de Dinamización Turística de Costa da Morte.

«« || »»

Deixa o teu comentario...

Comenta aquí abaixo, ou trackback desde a túa páxina. Tamén podes facelo suscribíndote a estes comentarios via RSS.

Por favor, non fagas publicidade nin deixes comentarios que podan faltar ao respeto.

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Podes usar Gravatar. Se aínda non tes o teu, pódelo facer en Gravatar.

trivium@triviumect.com | Preguntoiro 9 - 1E - 15704 Santiago de Compostela | 981 570 157