Inicio »Traballos »
Eido Dourado

Eido Dourado da nome ao concepto multidisciplinar deseñado e creado por Celso Dourado, artista plástico, ideólogo e deseñador deste espazo, localizado no concello de Barreiros. No perímetro deste espazo concrétanse traballos que arroupan disciplinas artísticas, filosóficas, vitais, expresivas e ideolóxicas.

A amplitude discursiva é o guión en Eido Dourado,  sendo a obra plástica próxima ao surrealismo a protagonista, implementada a través do escenario arquitectónico e a arquitectura paisaxística que enmarca todo o proceso. Celso Dourado creou un vocabulario propio que fuxe dos paradigmas conceptuais artísticos e expositivos para construír unha linguaxe diferenciada e propia, que sorprende polo complexo e próximo a unha concreción onírica.

Trivium vén de realizar o estudo e proxecto necesario para a acadar a clasificación deste espazo como Colección Visitable dentro do Sistema Galego de Museos (MUGA), rede que posibilita a difusión e protección daquelas manifestacións artísticas ou patrimoniais da nosa Comunidade Autónoma.

trivium@triviumect.com | Preguntoiro 9 - 1E - 15704 Santiago de Compostela | 981 570 157