Inicio »Traballos »
Exposición o Galego tamén noutros mundos

Esta exposición  sobre a actualidade e a internacionalización da nosa lingua, presentouse ao público no acto do Día das Letras Galegas celebrado pola Tenencia de Alcaldía do Concello de Vigo, no Parque de Castrelos, con futura itinerancia polo lugares da cultura e a educación do propio Concello e polos Concellos de Pontevedra, Marín e Poio. É un proxecto que dende Trivium abordamos cun enfoque fresco relacionado icónicamente cos soportes tecnolóxicos e visuais da contemporaneidade, factor este que redunda na modernidade e viveza da lingua, e que está suliñado polo propio deseño aplicado á mostra. A conceptualización expositiva sobre a difusión do galego alén das nosas fronteiras posúe unha natureza didáctica e atractiva, traducindo aos materiais expositivos a esenza dinámica dun proxecto dirixido a todos os públicos e cun marcado cariz itinerante.

Os contidos abranguen dende a contextualización histórica ata a exportación da música galega, pasando pola universalidade da nosa literatura, a posibilidade de estudar galego no mundo ou a marca de calidade do idioma. O discurso expositivo materializase en 4 módulos triangulares, individualizando cada unha das tres caras, dando como resultado un total de 12 paneis discursivos animados con imaxes, textos, titulares e destacados elementos visuais. As estructuras prismáticas modulares consiguen un perfecto acabado e permiten o xogo espacial sen necesidades de depender dun muro ou parede, coa flexibilidade de poder adaptarse a calquera sala expositiva.

trivium@triviumect.com | Preguntoiro 9 - 1E - 15704 Santiago de Compostela | 981 570 157