- Cliente: Secretaría Xeral de Medios e Comunicación, Xunta de Galicia
- Proxecto: Deseño, comisariado e montaxe expositiva
- Ano: 2010
-
Museos, exposicións e centros de interpretación
Servizos relacionados:
Trivium, vén de inaugurar a exposición de fotografía de Manolo Blanco,”Ritos de fe, no linde da vida, rozando a morte” no Concello de A Pobra do Caramiñal.
A mostra, obra do recoñecido fotógrafo Manolo Blanco, recolle impactantes imaxes desde os anos 60 ata a actualidade sobre a Procesión das Mortallas que tódolos anos e desde o século XV se vén celebrando en A Pobra. Esta tradición relixiosa, é protagonizada de forma conxunta polo Nazareno, por aquelas persoas que estiveron no albor da morte e polos seus seres queridos, que ataviados coma o Santo portan cadaleitos e cirios en sinal de agradecemento pola recuperación da súa saúde.
O discurso expositivo organízase en torno aos participantes á Procesión, empezando pola preparación e primeiras horas do día, seguindo polo sentimento e iconografía relixiosa, e finalizando co carácter lúdico e festivo da celebración. Nestre proxecto Trivium, realizou traballos de comisariado, selección de obra, tratamento e recuperación de imaxes e montaxe expositiva.
A exposición organizada pola Secretaría Xeral de Medios e Comunicación da Xunta de Galicia, poderá visitarse na Casa Mariñeira de A Pobra do Caramiñal ata o 23 de setembro do 2.010.
Repercusión nos medios:
