Inicio »Traballos »
Fauna das Lagoas de Xuño e Muro

As Lagoas de Xuño e San Pedro de Muro forman parte do sistema dunar que se estende dende Porto do Son a Ribeira. É considerado un dos ecosistemas naturais máis fráxil e escaso da Unión Europea. Alberga unha importante diversidade de especies de flora e fauna estritamente protexidas que xustifica a súa inclusión na Rede Natura 2000, principal ferramenta de conservación da natureza da Unión Europea, e pertencer ao LIC Complexo Húmido de Corrubedo.
Trivium realizou a adaptación de contidos, deseño e produción de tríptico divulgativo sobre a fauna das Lagoas de Xuño e San Pedro de Muro, priorizando no deseño o carácter informativo e a orientación didáctica, coa ansia de fomentar e desenvolver unha ética ambiental que promova a protección do medio desde unha perspectiva positiva e de equidade.

trivium@triviumect.com | Preguntoiro 9 - 1E - 15704 Santiago de Compostela | 981 570 157