Inicio » Novas »

Galicia segue sendo única

O conselleiro de Innovación e Industria Fernando Blanco, o director xeral de Turismo Rubén Lois e mailo xerente de Turgalicia Xesús Pereira, presentaron aos medios de comunicación o pasado venres un novo “spot” publicitario baixo o lema “Galicia segue sendo única”. A nova campaña busca reforzar a imaxe do destino Galiza no resto do Estado, despois da vaga de lumes que asolaron o país no mes de agosto.

O “spot” conta cos mesmos protagonistas da primeira campaña “Galicia sí, é única” (a voz do actor Luós Tosar e a música do grupo Luar na Lubre) que foi vista por 31 millóns de persoas entre os meses de maio e xuño do presente ano. Este novo anuncio terá unha duración de trinta segundos e volve a incidir na mesma idea que o anterior: o destino Galiza conta cunha boa diversidade de recursos turísticos.

Este tipo de campañas de comunicación son, máis que necesarias imprescindibles despois dunha catástrofe coma a que nos asolou durante o mes de agosto, se queremos lograr un destino consolidado, e levar á xente unha imaxe restaurada do país.

Novas relacionadas:

«« Entrada anterior || Entrada seguinte »»

Deixa o teu comentario...

Comenta aquí abaixo, ou trackback desde a túa páxina. Tamén podes facelo suscribíndote a estes comentarios via RSS.

Por favor, non fagas publicidade nin deixes comentarios que podan faltar ao respeto.

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Podes usar Gravatar. Se aínda non tes o teu, pódelo facer en Gravatar.

trivium@triviumect.com | Preguntoiro 9 - 1E - 15704 Santiago de Compostela | 981 570 157