Inicio » Novas »

Inauguración oficial do Centro de Interpretación da Ribeira Sacra

Despois de varios meses de intenso traballo, por fin colleu a súa forma definitiva o proxecto de recuperación e musealización da casa prioral de San Pedro de Rocas. O edificio acolle agora o Centro de Interpretación da Ribeira Sacra, que serve de base para a posta en valor dos recursos da zona e como un eixo de desenvolvemento para o turismo cultural da comarca.

Inauguración Centro de interpretación da Ribeira Sacra

Desde este Centro procurase que o visitante coñeza e desfrute de tódolos ámbitos de interese que desde estas terras se lle ofrecen: unha visión da vida monástica que dou forma ao propio espazo de San Pedro de Rocas e a outros próximos durante séculos, unha aproximación á súa riqueza natural e unha especial atención ao patrimonio etnográfico: Festas, tradicións, oficios artesanais, música, a cultura do viño…

Aínda que non vai estar aberto ao público polo momento, agardamos que en breve poidamos publicar a noticia da chegada dos primeiros visitantes.

Novas relacionadas:

«« || »»

Deixa o teu comentario...

Comenta aquí abaixo, ou trackback desde a túa páxina. Tamén podes facelo suscribíndote a estes comentarios via RSS.

Por favor, non fagas publicidade nin deixes comentarios que podan faltar ao respeto.

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Podes usar Gravatar. Se aínda non tes o teu, pódelo facer en Gravatar.

trivium@triviumect.com | Preguntoiro 9 - 1E - 15704 Santiago de Compostela | 981 570 157