Inicio »Traballos »
Inventario de Bens Mobles da Igrexa Católica

Os Bens Mobles da Igrexa Católica supoñen a inmensa maioría dos bens do Patrimonio Histórico Español en posesión dunha institución privada. As campañas de inventario veñense sucedendo desde o ano 1986, promovidas polo Ministerio de Cultura en convenio coas Comunidades Autónomas.
Neste ano, no que a campaña saiu por primeira vez a concurso público, Trivium foi a encargada de desenvolver o traballo de campo, elaboración de fichas e informatización do inventario, o cal nos levou a percorrer as igrexas e capelas da diócese de Mondoñedo-Ferrol, en concreto polos concellos de Muras, Viveiro, Foz, O Valadouro, Alfoz, Riotorto e A Pontenova.

trivium@triviumect.com | Preguntoiro 9 - 1E - 15704 Santiago de Compostela | 981 570 157