Inicio » Novas »

Inventario de encontros

Esta é a semana na que entregamos o traballo de inventario que nos mantivo ocupados nos últimos meses. É un momento que nos parece axeitado para botar a vista atrás e volver sobre todas aquelas cousas que atopamos no camiño e que a propia dinámica do traballo -que nos fai andar ás presas, sen tempo a manter unha conversa, tirar unha foto xeitosa ou desfrutar dunha descoberta- non nos deixou no seu momento.

Un momento tamén para dar as grazas a todo o equipo, aos compañeiros e compañeiras que se deixaron a vista elaborando fichas e listados ou o pulso grapando fichas, e en xeral a todas as persoas que nalgún momento nos botaron unha man no percorrido polo nordeste de Lugo. De moitas delas xa case esquecemos nomes e lugares, pero gardamos un recordo, unha imaxe chocante ou divertida, que vai parella ao noso traballo. A carón dos veciños, auténticos e orgullosos gardiáns do patrimonio que albergan as igrexas e capelas que visitamos, están as propias pezas que conforman o inventario, desde a a platería máis delicada ás toscas tallas de autores locais. De todo isto -persoas, paisaxes e obxectos- queremos deixar aquí unha escolma fotográfica que sirva de agradecemento.

Conforto. No centro destaca a torre do Santuario da Nosa Señora.

Caixa forte na sacristía de Conforto. Baixo tres chaves se gardaban orixinariamente as pezas máis valiosas.

San Pedro de Bogo. Un momento para planificar a ruta da tarde.

Don Manuel explica o noso traballo a unha veciña de Vilarxubín.

Hórreo no Navallo.
Vilarxubín. Un dos núcleos máis fermosos da Pontenova.

A Terra de Miranda desde a capela de Sanxés.

Museo ao aire libre en Sanxés. Algunha obra do autor atopamos polas capelas da zona.

Retablo de Santa María de Galegos.

O quen é quen da imaxinería relixiosa. Ata catro imaxes distintas de San Bernabé en Fontangordo.

A campá de San Paio en Vilaboa.

Imaxe de Santa María da Cabeza na capela de San Isidro no Val.

Virxe do Carme convertida en imaxe de vestir, coa talla orixinal oculta.

«« || »»

Deixa o teu comentario...

Comenta aquí abaixo, ou trackback desde a túa páxina. Tamén podes facelo suscribíndote a estes comentarios via RSS.

Por favor, non fagas publicidade nin deixes comentarios que podan faltar ao respeto.

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Podes usar Gravatar. Se aínda non tes o teu, pódelo facer en Gravatar.

trivium@triviumect.com | Preguntoiro 9 - 1E - 15704 Santiago de Compostela | 981 570 157