Inicio » Novas »

Motivos para ir a Viladonga

viladonga01

Ao longo destas últimas semanas, levamos pasado moitas veces pola estrada de Lugo a Meira, camiño da Pontenova, e sempre nos quedaba a espiña de non poder facer unha parada no castro de Viladonga. E ben paga a pena facelo. Tivo que ser Manuel Gago o que nos dera a excusa ideal, coa súa convocatoria aberta para participar nunha grande fotografía colectiva para o proxecto Ao pé do lar: Memorias da cociña. Paga a pena pola espectacularidade do propio enclave do castro e polos traballos de estudo e conservación que se seguen a manter -alí estaba tamén Felipe Arias, director do Museo contiguo ao xacemento e das campañas de escavación desde fai máis de 25 anos-. E, máis que nada pagou a pena pola experiencia compartida, onde os de “fóra” eramos os menos e as vivendas e espazos do castro se ocupaban de novo cos veciños e veciñas de Castro de Rei.

viladonga02

O evento acadou maior carga simbólica coa nova da declaración do castro como Ben de Interese Cultural no Consello da Xunta dese mesmo día. É o final dun proceso comezado fai uns anos, precisamente sendo Felipe Arias o Director Xeral de Patrimonio Cultural, coa pretensión de dar aos xacementos arqueolóxicos e enclaves megalíticos máis importantes de Galicia o máximo nivel de protección. Recordemos que ata entón só os castros de Santa Trega e Elviña foran declarados BIC. Ademáis do de Viladonga e do Castro de Troña, en Ponteareas (declarado BIC no pasado mes de outubro), os novos expedientes afectan aos seguintes enclaves:

Punta dos Prados (Ortigueira)

Castro da Cidá de Borneiro (Cabana de Bergantiños)

Castro de Baroña (Porto do Son)

Castro de Neixón (Boiro)

Castro Lupario (Rois/Brión)

Castro de Fazouro (Foz)

Castro de Santa María do Castro (Cervantes)

Castromaior (Portomarín)

Castros de Vilar e Castro da Torre (Folgoso do Caurel)

Castro de San Cibrao de Las (San Amaro/Punxín)

Castro e Vila Romana de Santomé (Ourense)

Castromao (Celanova)

Coto do Mosteiro (Carballiño)

Castro de Saceda e de San Millán (Cualedro)

Facho de Donón (Cangas)

Castro de Penalba (Campo Lameiro)

Para rematar, queremos deixarvos un video divulgativo realizado polos compañeiros de Tresdeseos, que xa teñen colaborado connosco en varias ocasións, no que se recrea nunha animación 3D o que puido ser o castro de Viladonga no seu máximo apoxeo.

«« Entrada anterior || Entrada seguinte »»

Deixa o teu comentario...

Comenta aquí abaixo, ou trackback desde a túa páxina. Tamén podes facelo suscribíndote a estes comentarios via RSS.

Por favor, non fagas publicidade nin deixes comentarios que podan faltar ao respeto.

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Podes usar Gravatar. Se aínda non tes o teu, pódelo facer en Gravatar.

trivium@triviumect.com | Preguntoiro 9 - 1E - 15704 Santiago de Compostela | 981 570 157