- Cliente: Concello da Guarda
- Proxecto: Reforma, novo guión expositivo e catálogo interactivo
- Ano: 2008
-
Comunicación e deseño gráfico
Formación, consultoría e xestión cultural
Museos, exposicións e centros de interpretación
Servizos relacionados:
A intervención no Museo Arqueolóxico de Santa Trega, nun edificio histórico deseñado en 1953 polo arquitecto Antonio Palacios, ven a reformular o discurso expositivo dunha institución cunha longa tradición, que acolle anualmente cun elevado número de visitantes e que conta cun amplo catálogo de pezas.
No proceso establecéronse os seguintes obxectivos:
- Mellorar e actualizar a imaxe do edificio a nivel arquitectónico e de instalacións, cun novo concepto de distribución de espazos e de iluminación.
- Ofrecer un guión expositivo que depure, ordene e xerarquice a colección de pezas expostas.
- Formular os conceptos básicos para unha lectura certeira do lugar, a través de medios interpretativos fáciles de usar e con mensaxes accesibles para o perfil de visitantes do Museo.
- Aportar solucións de accesibilidade ao enorme catálogo arqueolóxico do Museo a visitantes e investigadores.
O traballo de reformulación do Museo Arqueolóxico de Santa Trega, agora MASAT, constitúe un exemplo claro do servizo integral que ofrecemos: Diagnose e deseño conceptual do guión expositivo, elaboración de medios interpretativos, dirección e execución de obra.
Outros traballos relacionados:
- MASAT. Identidade visual
