Inicio » Novas »

Nova campaña de inventario polas parroquias de Lugo

Durante os próximos dous meses Trivium vai desenvolver unha nova campaña do Inventario de Bens Mobles do patrimonio histórico en posesión de Institucións Eclesiásticas. A execución deste proxecto é o resultado de gañar a adxudicación do concurso licitado pola Consellería de Cultura e Turismo, froito dun convenio de colaboración entre o Ministerio de Cultura e a Xunta de Galicia. O traballo do inventario céntrase nesta campaña na Diócese de Mondoñedo-Ferrol, como parte dun extenso traballo que se leva facendo durante máis de dúas décadas e avanza progresivamente pola xeografía galega.

catalogacion_retablo1
Retablo maior de San Estevo de Parga (Guitiriz)

As tarefas deste inventario divídense en dúas fases importantes: o percorrido polas parroquias seleccionadas, o que chamamos “traballo de campo”, no que nos achegamos a recabar datos na desigual realidade artística das parroquias de Galicia, e a informatización de todo o recollido nunha base de datos que une fichas de traballo coa dixitalización das imaxes asociadas aos recursos inventariados.

En que consiste o día a día deste proxecto? Primeiro en contactar cos párrocos das zonas escollidas en base uns criterios xeográficos definidos. Eles son os encargados de abrirnos as portas, e, se hai sorte, mostrarnos algunha peza destacada. Despois, tras percorrer habitualmente bastantes kilómetros de curvas ata a zona seleccionada, chegamos ás igrexas e capelas obxecto do inventario, para o que non nos vén mal calquer axuda material e incluso milagreira que poidamos recadar. Unha vez no sitio é necesario recoller os datos artísticos e de estado das pezas mobles que estimamos inventariables en base a criterios artísticos, históricos, etnográficos, etc.. Deste xeito examinamos, medimos e fotografamos todo tipo de bens nos que figuran elementos como retablos, imaxinería asociada aos mesmos ou exenta, pratería e ourivería (cruces, cálices, copóns…), mobiliario (confesionarios, púlpitos, caixoneras…), patrimonio documental, elementos pétreos mobles de interese e demais recursos que conteñan unha certa singularidade.

catalogacion_set1
Un set fotográfico improvisado

catalogacion_detalle1
Detalle dunha cruz procesional

O destino deste traballo de campo é a oficina, un PC e unha aplicación informática co que máis vale levarse ben. Finalmente, listaxes infinitos de fichas, arquivadores, etiquetas, grampadoras e un sinfín de papelería necesaria para a súa presentación.

Por agora non queda máis que coa chegada do frío parte do equipo de Trivium ten que amigarse co mesmo e subir cara o norte, para atoparse de cando e cando cun conxunto relixioso destes de empaque, e máis a miúdo con pezas riquiñas que nos animen a xornada. Iso si, cuns momentos para quentar o corpo e a alma cuns caldiños e potaxes da terra, e con algún lugar onde durmir comodamente e abrigados das primeiras neves e/ou temporais.

«« || »»

Deixa o teu comentario...

Comenta aquí abaixo, ou trackback desde a túa páxina. Tamén podes facelo suscribíndote a estes comentarios via RSS.

Por favor, non fagas publicidade nin deixes comentarios que podan faltar ao respeto.

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Podes usar Gravatar. Se aínda non tes o teu, pódelo facer en Gravatar.

trivium@triviumect.com | Preguntoiro 9 - 1E - 15704 Santiago de Compostela | 981 570 157