Esta mañá TRIVIUM mantivo unha reunión de traballo no Concello de Betanzos. Nela, TRIVIUM presentou por iniciativa propia o proxecto das Audio Guías para o Concello dos Cabaleiros.
A proposta plantea a creación de tres rutas polo territorio municipal: dúas delas na cidade, e a terceira por fora do Casco Histórico.
A Concelleira de Turismo, Dna. Marña Barral, mostrouse interesada no proxecto e avaliará a súa viabilidade nesta semana que entra.
O Rei Xoan Carlos e a Raiña Sofía inauguraron onte (25/01/2006) oficialmente a XXVI Feria Internacional de Turismo de Madrid. Tralo evento, pasearon por varios stands achegándose tamén o de Galicia.
Pola tarde, o Vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, visitou a Feira e deu unha rolda de prensa tras visitar o stand de Galicia. Nela anunciou a creación dun Instituto de Estudios Turísticos que terá coma sede a Illa de San Simón.
Outras autoridades que acompañaron o Vicepresidente, foron Fernando Blanco, Ánxela Bugallo, Rubén Lois e Antón Losada.
No que se refire o traballo particular de TRIVIUM, este día resultou do máis intenso. Mantivéronse reunións de traballo con moitos axentes de desenvolvemento turístico no eido galego:
Todos eles mostraronse interesados nos productos ofrecidos por TRIVIUM, e na semana que ven volveremos a manter conversas para concretar de xeito máis claro as propostas particulares para cada lugar.
Tamén se realizaron reunións de traballo con outros destinos non galegos. D. Francisco Leno Cerro – Xerente do Plan de Excelencia de Santoña – e D. Valentín Fernández Férnandez – Presidente del Patronato de Turismo del Bierzo – mostraron especialmente o seu interés polo modelo TRIVIUM de audio guías.
No día de hoxe, seguiremos a rolda de reunións programadas con anterioridade, pois onte non sempre se puido cumplir con toda a axenda prevista.
Así reflexan os medios esta xornada inaugural de FITUR:
A nosa empresa estará presente do 25 o 29 de xaneiro na XXVI Feira Internacional do Turismo de Madrid. O evento, un dos máis importantes do mundo no eido turístico, contará coa asistencia de 11.500 empresas participantes, que encherán por segundo ano consecutivo os 10 pabellóns de IFEMA.
O obxectivo principal de TRIVIUM é reunirse cos axentes dinamizadores turísticos que están a desenvolver as súas accións no territorio galego. Deste xeito estanse a concertar reunións de traballo dentro do ‚Punto de Encontro entre Profesionais; unha nova ferramenta que FITUR pon o servizo dos expositores e visitantes para fomentar a súa relación.
No momento actual xa están concertadas varias reunións cos responsables do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, do Turismo de Coruña, do Turismo de Ferrol, da Fundación Comarcal de O Morrazo e do Patronato de Turismo de Ourense.
Esta mañá (16 de Xaneiro de 2006) levouse a cabo unha entrevista de presentación da empresa TRIVIUM: Estratexias en Cultura e Turismo, no Concello de Boqueixón.
Na reunión co Concelleiro de Xuventude, Terceira Idade e Patrimonio, Ovidio Rodeiro, tratáronse diferentes aspectos relativos o patrimonio cultural e natural do Concello e a súa posta en valor. Un exemplo desto son as rutas de sendeirismo ou a sinalización turística.
O concelleiro informou sobre cales eran as accións planificadas neste senso polo Concello, e invitou os representantes de TRIVIUM a un novo encontro para mediados do mes que ven, no que se poden formalizar varias propostas culturais e turísticas para o Concello.
Onte pola noite tivo lugar o acto de inauguración da mostra no Centro Cultural A Fábrica de Perillo, no Concello de Oleiros. O evento acudiron o responsable da área de Cultura da Excma. Deputación da Coruña, Sr. D. Celestino Poza, e unha nutrida representación do municipio oleirense, encabezada polo Presidente do Organismo autónomo de cultura, Sr. D. José Javier Álvarez.
Tralos discursos protocolarios de ámbolos dous mandatarios, ocupou o escenario o pianista Pablo Seoane, quen acompañado de Carlos López na batería e Diego Pérez no contrabaixo, ofreceron unha selección dos seus últimos temas, que resultou moi aplaudida polo auditorio.
A exposición, deseñada e coordinada por TRIVIUM estratexias en cultura e turismo, é a continuación natural da mostra do ano pasado. Se naquela, se facía un percorrido polos artistas máis senlleiros da música jazz dende a súa orixe aos anos 50´s, nesta mostra retómase o discurso cronolóxico dende a década dos 60´s ata a actualidade. Deste xeito, diferéncianse catro grandes bloques temáticos: o Free Jazz, o Neoclasicismo, o Jazz Fusión e o Jazz Étnico ou Jazz con Raíz.
Así contan esta inauguración na prensa.