Inicio » Novas
Novas
2 Dec 2009 | Publicado por: Xavier |Sen Comentarios |

cartaz_achegarte

Duns anos a esta parte o termo industrias culturais gañou un importante protagonismo dentro das políticas culturais en Galiza. A necesidade de que unha sociedade como a galega conte con estruturas empresariais solventes e fortes, capaces de producir contidos culturais  –ao final, discurso cultural propio, de noso- para os diferentes mercados locais e globais semella concitar, por obvia, amplo consenso no noso país, cando menos no plano teórico. Cómpre, coma sempre, analizar despois en base aos feitos e non ás palabras para medir a verosimilitude dos discursos e proclamas que ao respecto se fan desde o campo político e institucional.

Seguir lendo »

16 Nov 2009 | Publicado por: Verónica |Sen Comentarios |

Durante os próximos dous meses Trivium vai desenvolver unha nova campaña do Inventario de Bens Mobles do patrimonio histórico en posesión de Institucións Eclesiásticas. A execución deste proxecto é o resultado de gañar a adxudicación do concurso licitado pola Consellería de Cultura e Turismo, froito dun convenio de colaboración entre o Ministerio de Cultura e a Xunta de Galicia. O traballo do inventario céntrase nesta campaña na Diócese de Mondoñedo-Ferrol, como parte dun extenso traballo que se leva facendo durante máis de dúas décadas e avanza progresivamente pola xeografía galega.

catalogacion_retablo1
Retablo maior de San Estevo de Parga (Guitiriz)

As tarefas deste inventario divídense en dúas fases importantes: o percorrido polas parroquias seleccionadas, o que chamamos “traballo de campo”, no que nos achegamos a recabar datos na desigual realidade artística das parroquias de Galicia, e a informatización de todo o recollido nunha base de datos que une fichas de traballo coa dixitalización das imaxes asociadas aos recursos inventariados. Seguir lendo »

1 Out 2009 | Publicado por: admin |Sen Comentarios |

Que fan unha ducia de mozos e mozas interrogándose e conspirando entre eles polas salas do Museo do Pobo Galego un sábado pola tarde? Pois xogar a Bonaval en Rol, unha nova proposta -que agardamos que teña continuidade- do Departamento de Educación e Actividades do Museo.

bonavalenrol00

Para a maioría era a primeira experiencia nunha actividade de rol en vivo, un xénero coñecido en Galicia para o gran público pola celebración nos últimos anos de dous multitudinarios xogos: Vampiro: La Mascarada, polas rúas de Compostela e, sobre todo Irmandiños: A Revolta, no entorno do castelo de Monterrei.

Seguir lendo »

25 Set 2009 | Publicado por: admin |Sen Comentarios |

A expectativa da noite en branco anima a tomar as rúas madrileñas cunhas inusitadas ansias culturais á espera de facernos partícipes de accións anovadoras, de propostas sorprendentes, en definitiva á expectativa dun espectáculo sensorial e creativo que encha a mirada de novas visións coas que achegarse á cultura. O recorte orzamentario deste ano debería favorecer o enxeño e a creatividade… pero estes obxectivos non impiden unha sensación de empobrecemento dos actos non de todo compensada pola audacia e a imaxinación. El regalo é a idea que subxace de fondo ao evento deste ano, e deste xeito invitábase a Rafa Doctor, ex director do MUSAC, a exercer como comisario dalgunhas das accións máis densas e reflexivas. A pesar da calidade das mesmas, esta liña de forza para a noite non logra conferirlle unha unicidade e excepcionalidade a todo o programa.

noiteenbranco01

Seguir lendo »

17 Set 2009 | Publicado por: admin |Sen Comentarios |

O outono, e non a primavera, vai ser a nosa época de renovación. Trivium cumple cinco anos neste 2009 e querémolo celebrar de varias maneiras. Unha delas é presentando a nova web, que nace coa idea de servir de espazo de comunicación entre Trivium e toda a comunidade interesada no que facemos. A outra, estreando tamén a nova sede. Seguimos no casco histórico de Compostela, pero agora podedes atoparnos no Preguntoiro, nº 9, moi preto da praza de Cervantes. O equipo de Trivium medra e o noso espazo de traballo ten que medrar tamén.
A choiva acompáñanos nesta tarde, asi como todos os amigos e amigas que se quixeron achegar a celebrar con nós as experiencias e o traballo feito e todo o que nos queda por diante. Grazas por estar connosco nesta viaxe.

trivium@triviumect.com | Preguntoiro 9 - 1E - 15704 Santiago de Compostela | 981 570 157