Inicio »Traballos »
O Carballiño, núcleo sostible

En colaboración con Aporta Comunicación, empresa especializada na divulgación medioambiental, realizamos unha campaña de promoción para o concello do Carballiño. O traballo recolle o deseño de cinco paneis informativos e un folleto despregable que forman parte da campaña de sensibilización que leva a cabo o concello como parte da súa inclusión na Rede de Núcleos Sostibles de Galicia.

Todo este material, no que se explica o propio concepto de núcleo sostible, a xestión óptima de residuos, a pegada ecolóxica e o uso racional da enerxía, está instalado na Casa do Concello do Carballiño para a súa consulta.

trivium@triviumect.com | Preguntoiro 9 - 1E - 15704 Santiago de Compostela | 981 570 157