Inicio » Novas »

O que non se ve

A antiga calzada romana que unía Braga e Astorga, ao seu paso polo concello de Bande, é noticia estes días –mala noticia- pola destrución dunha parte da Vía XIII. Isto danos pé para falar do tratamento que reciben os vestixios arqueolóxicos galegos, que forman un patrimonio abondoso e ás veces esquecido, deixando aparte aos fitos máis destacados e valorados. As accións encamiñadas á concienciación para coñecer e respectar o patrimonio, como é o caso da campaña da Consellería de Cultura “Mira por el”, están dirixidas ao común dos cidadáns, pero tamén as administracións locais teñen moito que traballar na conservación e revalorización da súa riqueza patrimonial, evitando actuacións incongruentes como é o caso do tramo da Vía XIII.

Campaña Mira por el 

Unha correcta sinalización, información aos veciños e propietarios, visitas educativas, traballos de recuperación, … son moitas as accións e medidas que se poden emprender coa vontade de sacar á luz a nosa cultura soterrada durante séculos. Para quen esté interesado en coñecer máis sobre o trazado da Via XIII polas terras da Limia, pode consultar os traballos de Segundo Alvarado, Juan C. Rivas e Tomás Vega Pato, publicados baixo o título A Vía Nova do Limia ao Sil.

«« || »»

Deixa o teu comentario...

Comenta aquí abaixo, ou trackback desde a túa páxina. Tamén podes facelo suscribíndote a estes comentarios via RSS.

Por favor, non fagas publicidade nin deixes comentarios que podan faltar ao respeto.

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Podes usar Gravatar. Se aínda non tes o teu, pódelo facer en Gravatar.

trivium@triviumect.com | Preguntoiro 9 - 1E - 15704 Santiago de Compostela | 981 570 157