Inicio » Novas »

Patrimonio sumerxido

Unha das iniciativas da Consellería de Cultura para o vindeiro ano 2008 é a creación dun Centro de Arqueoloxía Subacuática en Galicia, vinculado ao Museo do Mar de Vigo.

Este proxecto está directamente relacionado coa catalogación do patrimonio submariño que se está a realizar nestes momentos, e supoñemos que seguirá o modelo creado noutras partes do Estado, onde este tipo de organismos levan traballando xa desde fai anos, como é o caso de Cataluña e Andalucía.

A inxente cantidade de pecios sumerxidos nas nosas augas, tanto dos restos da batalla de Rande coma de naufraxios da Costa da Morte, e noutros lugares menos coñecidos, foi de sempre un foco de atracción para investigadores e “cazadores de tesouros”, aínda que nunca se deron as condicións para que unha investigación ampla e profunda -coa financiación que esta require- se producise. Agardamos que estas inversións fagan que por unha vez a investigación e a aposta polo interese público adiante ás iniciativas promovidas por intereses económicos.  O impulso aos traballos no eido da arqueoloxía submarina refrescanos a importancia do patrimonio sumerxido en Galicia, que semella coller relevancia só cando aparecen novas sobre expolios e conflictos territoriais.

Enlaces de interese:

 - Noticia na web da Consellería de Cultura e Deporte.

- Artigo sobre a Arqueoloxía Subacuática en Galicia.

- Web da Asociación de Profesionais da Arqueoloxía Subacuática.

«« || »»

Deixa o teu comentario...

Comenta aquí abaixo, ou trackback desde a túa páxina. Tamén podes facelo suscribíndote a estes comentarios via RSS.

Por favor, non fagas publicidade nin deixes comentarios que podan faltar ao respeto.

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Podes usar Gravatar. Se aínda non tes o teu, pódelo facer en Gravatar.

trivium@triviumect.com | Preguntoiro 9 - 1E - 15704 Santiago de Compostela | 981 570 157