Inicio »Traballos »
Plan Director, Rede Sendeiros Monte Trega

Sendo o Monte Trega o principal recurso e reclamo turístico da Guarda, a multitude de sendeiros que o rodean son o vehículo ideal para a cohesión e a vertebración dun novo produto de turismo activo e cultural. Para iso elaborouse un inventario xeral dos sendeiros que percorren o Trega e dos recursos de interese que os rodean, así coma unha avaliación da súa situación actual.
No documento do Plan Director da Rede de Sendeiros do Monte Trega recóllense os traballos de documentación, diagnose e liñas de actuación necesarias para a creación dunha Rede Integral de Sendeiros, co obxectivo de servir de marco para a definición concreta dos instrumentos a utilizar na súa execución e as prioridades de intervención.

trivium@triviumect.com | Preguntoiro 9 - 1E - 15704 Santiago de Compostela | 981 570 157