- Cliente: Concello da Guarda
- Proxecto: Estudo e redacción do Plan
- Ano: 2008
-
Turismo
Servizos relacionados:
O documento executivo do Plan Director de Turismo de A Guarda – Horizonte 2012 analizou en detalle a realidade turística do municipio no momento do estudo e propuxo unha serie de liñas estratéxicas encamiñadas a lograr a consolidación da Guarda como destino turístico tendo a calidade e a sostibilidade coma criterios de actuación básicos. É por tanto unha folla de ruta para a implementación dun modelo turístico sólido capaz de dinamizar o municipio social, cultural e economicamente, á vez que aumente a competitividade da actividade turística guardesa.
A proposta contiña dúas partes perfectamente diferenciadas en consonancia coa metodoloxía de traballo:
- A primeira constitúe un análise da oferta e a demanda turística; unha diagnose actual da realidade turística, o sector, os recursos, os produtos, os servizos e os visitantes do territorio.
- A segunda parte do informe describe unha estratexia global de actuación; un modelo de desenvolvemento turístico que detalla cronoloxicamente unha serie de liñas de actuación e accións concretas, priorizando cada unha delas en base a súa urxencia real.
