Inicio »Traballos »
Plan Integral de Sinalización Turística

  • Cliente: Plan de Dinamización Turística da Costa da Morte
  • Proxecto: Estudo e redacción do Plan
  • Ano: 2005
  • Servizos relacionados:

  • TurismoTurismo

A nosa proposta baseouse na conxunción do coñecemento do territorio da Costa da Morte e do seu sistema actual de sinalización de recursos turísticos por unha banda, e o coñecemento técnico e funcional doutros sistemas sinalécticos considerados como referencia no ámbito nacional e internacional.
A superposición de sinais indicando un mesmo recurso, o deterioro, a falta de consistencia dos sinais, etc. foron as problemáticas abordadas na realización deste informe, no que se examinaron trescentos recursos culturais e naturais do territorio. Deseñouse unha metodoloxía de traballo que tiña como referente físico un software de consulta; unha base de datos na que se referenciou cada sinal nas súas coordenadas GPS e se elaboraron fichas individuais indicando os sinais a conservar, a retirar, a colocar nunha proposta axeitada a cada recurso.

trivium@triviumect.com | Preguntoiro 9 - 1E - 15704 Santiago de Compostela | 981 570 157