- Cliente: Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Xunta de Galicia
- Proxecto: Desenvolvemento e xestión do programa
- Ano: 2009
-
Interpretación do patrimonio e tempo libre
Servizos relacionados:
O programa Primavera Activa, promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e Turgalicia, está dirixido a mozos e mozas entre 18 e 35 anos. Integra estancias de fin de semana en casas rurais co desenvolvemento de actividades de lecer e tempo libre. A promoción do turismo activo e rural vai parella a unha aposta pola divulgación do patrimonio.
Neste ano 2009, Trivium xestionou os programas 11 e 12, nas zonas da Ribeira Sacra de Lugo e o Courel, respectivamente. Buscamos un enfoque, a través da educación ambiental e a interpretación do patrimonio, que integrara e mostrara as potencialidades de cada zona, así como unha vinculación con axentes locais, persoas que co seu traballo manteñen vivos os elementos que definen a riqueza natural e cultural do sur de Lugo.
Web do programa Primavera Activa
http://www.primaveractiva.info/
