Inicio »Traballos »
Roteiro Histórico da Vila de Corcubión

  • Cliente: Plan de Dinamización Turística da Costa da Morte
  • Proxecto: Deseño e execución
  • Ano: 2006
  • Servizos relacionados:

  • TurismoTurismo

A creación dun novo produto turístico que vertebrara o patrimonio arquitectónico do casco vello da vila de Corcubión, declarado Conxunto Histórico Artístico no ano 1984, foi o motivo principal deste proxecto.

O traballo partiu da elaboración dun novo inventario de monumentos do conxunto, para en base ao estado de conservación e ao interese real de cada edificio, seleccionar os recursos adecuados e construír unha proposta que os artellara de cara ao visitante. O deseño da sinalización mediante dispositivos físicos acordes á zona e a edición de folletos informativos foron as ferramentas resultantes deste proxecto.

trivium@triviumect.com | Preguntoiro 9 - 1E - 15704 Santiago de Compostela | 981 570 157