Inicio »Traballos »
Roteiros de Rairiz de Veiga

O proxecto consistiu en definir e sinalizar dúas rutas de sendeirismo ubicadas no concello de Rairiz de Veiga, co punto de inicio situado na aldea de Congostro. O roteiro do Castelo permite subir ata os restos da torre de Celme, unha das catro que rodeaban a lagoa de Antela. Alí está instalado un panel panorámico que permite identificar a paisaxe do entorno. Desde o roteiro dos muíños achegámonos ás aldeas de San Miguel e Santandré. O ciclo do pan está moi presente xa que ao longo dela atoparémonos con canastros, un forno de pan e diversos cos muíños.

Ambos roteiros están sinalizados en todo o seu percorrido e instaláronse diversos paneis interpretativos para que o visitante coñeza o territorio e poda aprender e disfrutar da riqueza paisaxística e etnográfica da zona. O traballo complementase coa edición dun folleto despregable no que se recolles estas o outras rutas que discorren polo concello de Rairiz.

trivium@triviumect.com | Preguntoiro 9 - 1E - 15704 Santiago de Compostela | 981 570 157